Curso en Xinzo de Limia para obter o carnet de fitosanitarios

Publicidade
Curso en Xinzo de Limia para obter o carnet de fitosanitarios

A Consellería do Medio Rural -a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria- ten previsto celebrar en Xinzo da Limia unha formación para obter o carné básico de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios. Programada para celebrarse na aula Cemit emprazada na Casa da Cultura, desenvolverase ao longo de sete días dende o vindeiro 30 de maio, cun total de 27 horas lectivas en horario de 16,00 a 20,00 horas.

Organizada pola Oficina Agraria Comarcal de Xinzo, o obxectivo da acción é que os participantes adquiran coñecementos sobre o uso sostible dos produtos fitosanitarios así como sobre o seu manexo e aplicación de acordo coa normativa ao respecto, para que poidan exercer esta actividade en Galicia e no resto de España.

Así, no programa constan contidos sobre pragas e enfermidades dos cultivos e sobre os métodos de control máis axeitados, sobre os distintos produtos fitosanitarios e sobre a súa secuencia correcta de transporte, almacenamento, manipulación e aplicación. Tamén se incidirá en conceptos como a perigosidade dos produtos fitosanitarios para a saúde das persoas, a súa dosificación, os equipos apropiados para a súa aplicación e a normativa relacionada, ademais das estratexias e técnicas para a xestión integrada de pragas.

Esta iniciativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Para inscribirse pódese descargar a solicitude nesta ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas que se debe remitir cuberta ao enderezo electrónico oac.seca.xinzodalimia@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 988 788 361

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información