Curso en Xinzo da Limia sobre posibilidades de comercialización da pataca en ecolóxico

Publicidade

A Consellería do Medio Rural, a través da Agacal, en colaboración co Craega, organiza un novo curso de produción ecolóxica, desta volta centrado nas “Posibilidades de comercialización da pataca ecolóxica”, que terá lugar o 3 de setembro na Casa da Cultura de Xinzo de Limia (Ourense).

A xornada estenderase todo o día: pola mañá, a partir das 9:00 horas, trataranse temas como a situación do mercado da pataca ecolóxica, o novo regulamento e a comunicación ambiental de produtos ecolóxicos; a sesión matutina rematará cun coloquio para todos os asistentes.  Pola tarde, a partir das 16:00 horas, levarase a cabo unha visita práctica ao campo de ensaio “A Corda”, en Sandiás.

Información e inscrición en: https://bit.ly/3ywS0Md

As solicitudes poden enviarse a clientes@sinerxia.es

CRAEGA PATACA ECOLOXICA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información