Curso en Ribadavia para obter o carnet de fitosanitarios

Publicidade

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza a semana vindeira un curso sobre aplicación e manipulación de produtos fitosanitarios no concello ourensán de Ribadavia. Cunha duración de 27 horas de formación que teñen previsto desenvolverse dende o luns 4 de outubro e o luns 18, o obxectivo é que os participantes poidan obter o carné de aplicador de nivel básico.

Impartido pola Oficina Agraria Comarcal (OAC) de Ribadavia, dito curso terá lugar no Instituto de Educación Secundaria (IES) O Ribeiro, onde a formación se levará a cabo en horario de tarde, das 17,00 h. ás 20,00 h., nun total de nove días. O obxectivo é que os alumnos adquiran coñecementos sobre o uso sostible dos produtos fitosanitarios así como sobre o seu manexo e aplicación de acordo coa normativa ao respecto, para que poidan obter o carné de aplicador de nivel básico necesario para exercer esta actividade en Galicia e no resto de España.

Así, no programa constan contidos sobre pragas e enfermidades dos cultivos e sobre os métodos de control máis axeitados, sobre os distintos produtos fitosanitarios e sobre a súa secuencia correcta de transporte, almacenamento, manipulación e aplicación. Tamén se incidirá en conceptos como a perigosidade dos produtos fitosanitarios para a saúde das persoas, a súa dosificación, os equipos apropiados para a súa aplicación e a normativa relacionada, ademais das estratexias e técnicas para a xestión integrada de pragas.

Canto aos participantes, a acción están dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Para inscribirse pódese descargar a solicitude nesta ligazón e remitila cuberta ao enderezo electrónico carlos.alvarez.castro@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 988788281.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información