Curso en Palas de Rei sobre mellora da eficiencia da alimentación do gando co método Obsalim

Curso en Palas de Rei sobre mellora da eficiencia da alimentación do gando co método Obsalim

Os próximos 13, 14 e 21 de xaneiro impartirase en Palas de Rei (Lugo) un curso sobre “Mellorar a eficencia da ración co método Obsalim”.

A formación será impartida por Xestión Agrogandeira e Natureza en horario da 11:00-14:00 a parte teórica e de 15:30-18:30 horas as prácticas en granxas.

A inscrición ten un custo de 250 euros, incluíndo comidas e cartas “sintomas”. As persoas interesadas poden informarse escribindo a info@xangalicia.com ou chamando ao 620806414.

Ao final do curso, o alumnado:

1. Coñecerá os fundamentos fisiolóxicos do método OBSALIM
2. Coñecerá a metodoloxía do método de observación e análise
3. Será apto para realizar un diagnóstico alimentario
4. Terá elementos para propor regulación alimentaria tras un diagnóstico

Descarga aquí o programa

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información