Curso en Ordes sobre como usar a Oficina Virtual de Gandería 

Está destinado á formación dos gandeiros na xestión electrónica de diversos trámites como a xestión da Oficina Virtual de Gandaría dende o móbil, manexo da chave 365, xestión do libro electrónico da explotación ou altas e baixas do gando

Curso en Ordes sobre como usar a Oficina Virtual de Gandería 

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, celebrará en Ordes un curso sobre os aspectos básicos de manexo da Oficina Virtual de Gandaría e da sede electrónica. Celebrarase o xoves 2 de decembro na Casa da Cultura en horario de tarde, 16:00 a 21:00 horas.

O obxectivo desta acción formativa é ofrecer uns coñecementos básicos do funcionamento e manexo desta oficina virtual, centrándose na aprendizaxe da xestión de trámites habituais e necesarios no sector gandeiro.

Así, abordaranse aspectos como solicitar guías por internet, levar o libro electrónico da explotación, dar altas e baixas de animais, solicitar duplicados de crotais ou do documento de identificación bovina, autorizar un remolque ou ter ATES, un sistema de codificación unificado para o rexistro de transportistas de animais vivos. Tamén se tratará o pagamento de taxas dende o ordenador, a descarga da carta de saneamento e outros documentos de interese para os gandeiros. Así mesmo, no programa destaca a parte práctica, posto que se destinará a maior carga lectiva ao manexo práctico da Oficina Virtual de Gandaría e da Sede Electrónica da Xunta.

Para máis información, as persoas interesadas poden consultar a páxina web da Oficina virtual do medio rural, onde poden descargar o formulario de inscrición que deberá ser enviado ao correo oac.svo.lugo@xunta.gal. Pódese obter máis información no teléfono 636978586.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información