Curso en Monforte de Lemos sobre sanidade e benestar animal

O curso organizado pola Xunta levarase a cabo durante o día 20 de xuño, cunha duración total de 4 horas, e impartirase no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte

Curso en Monforte de Lemos sobre sanidade e benestar animal

O Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar un curso sobre a sanidade e benestar animal e a súa relación directa co rendemento produtivo da gandería intensiva. A acción formativa celebrarase o día 20 de xuño, ao longo da mañá, dende as 10:00 horas ás 14:15 da tarde.

O obradoiro aborda tanto aspectos teóricos coma prácticos sobre o estudo dos principios de hixiene na produción animal. Esta iniciativa está dirixida ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, e tamén ás persoas con expectativa de incorporación, en concreto a xuventude do medio rural.

A inscrición no curso pode facerse online dende esta ligazón: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información