Curso en Monforte de Lemos sobre manexo e recuperación de pastos

Curso en Monforte de Lemos sobre manexo e recuperación de pastos

O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos organiza o vindeiro día 5 de novembro un curso de “Manexo e recuperación de pastos”.

A actividade formativa, que é de balde, impartirase en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

As persoas interesadas en asistir deberán inscribirse, para o que terán que enviar un email a ceca.monforte@edu.xunta.es ou chamar ao 982 889 103

Programa:

-Tipos de pastos, usos e finalidades.

-Fertilidade, fertilización e fertilizantes, tanto convencionais como ecolóxicos.

-Implantación de pradeiras en terreos abandonados.

-Manexo do gando no pasto, pastoreo, técnicas e ferramentas.

A xornada incluirá unha visita a unha gandería da zona para realizar unha análise in situ e establecer pautas personalizadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información