A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar un curso en Monforte de Lemos sobre a importancia das instalacións para un bo manexo do gando. A formación ten previsto celebrarse o vindeiro luns 24 de outubro no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos en horario de 10,00 a 14,15 horas.
O obxectivo desta formación é dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios sobre as distintas características dos aloxamentos, condicións ambientais, requirimentos en vacas secas, recría e benestar dos animais e das persoas. Tamén, pretende informalos acerca das repercusións que ten un bo manexo na produción de leite e os aspectos prácticos a ter en conta para un óptimo funcionamento dos animais.
Esta iniciativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.
A inscrición pode realizarse online no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas
O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 889 103, ou enviarse un correo a ceca.monforte@edu.xunta.es