Data inicio: 05/07/2021
Data fin: 09/07/2021
Lugar: CFEA - Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos, Rúa Alfredo Brañas, Monforte de Lemos, España
O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos acollerá na semana do 5 ao 9 de xullo un curso sobre a técnica de inseminación artificial en gando vacún, tanto en vacas de leite como de carne.
O curso será impartido pola directora do centro, a veterinaria Estrella Rodríguez, e consistirá en 2 sesións teóricas en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas, os días 5 e 6 de xullo, e clases prácticas de insemanación, que terán lugar o xoves 8 e o venres 9 de 10:00 a 14:00 horas. A formación completarase cunha viaxe o mércores 7 ás instalacións da empresa Xenética Fontao en Lugo.
Esta actividade formativa está dirixida a gandeiros e persoas vinculadas profesionalmente cos sectores agrícola e gandeiro, en especial a mozos e mozas do medio rural galego con expectativa de incorporación á actividade. É de balde e dá dereito a obter un certificado de asistencia.
O curso é de balde e dá dereito a obter un certificado de asistencia
As persoas interesadas en participar no curso poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario e enviándoo por correo electrónico ao enderezo ceca.monforte@edu.xunta.es. As reservas de praza tamén se poden facer por teléfono chamando ao 982889103, que é tamén o número habilitado para consultas e información.
Este curso está incluído nas actividades formativas e de transferencia de coñecementos e información da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal) e está financiado con fondos do PDR 2014-2020.
PROGRAMA COMPLETO DO CURSO:
Luns 5/07/2021 (16:00-20:00)
INTRODUCIÓN: A reprodución como factor de produtividade
O APARELLO REPRODUTOR:
Anatomía do aparello reprodutor da vaca
Anatomía do aparello reprodutor do touro
FISIOLOXÍA DA REPRODUCIÓN
O ciclo rerprodutivo
A detección de celo
Martes 6/07/2021 (16:00-20:00)
CONTROL DE REPRODUCIÓN
Índices reprodutivos
Mellora dos resultados produtivos
Problemas que afectan á reprodución
TÉCNICA DE INSEMINACIÓN ARTIFICIAL
Prevención de accidentes durante o manexo de animais e sensibilización medioambiental
Mércores 7/07/2021 (10:00-14:00)
VIAXE A LUGO Á EMPRESA XENÉTICA FONTAO
Xoves 8/07/2021 e Venres 9/07/2021 (10:00-14:00)
CLASE PRÁCTICA DA TÉCNICA DE INSEMINACIÓN