Curso en Monforte de cata de aceite de oliva extra

Publicidade

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza un curso de cata de aceite de oliva virxe extra no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos.

Esta iniciativa consta de 20 horas de formación e desenvolverase entre o vindeiro luns 13 de setembro e o venres 17 en horario de tarde, de 16:00 a 20:00 horas. Cómpre apuntar que está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Así, o curso establece como principais obxectivos aprender e coñecer as propiedades destes aceites de oliva. Nesa liña, valoraranse os atributos positivos que definen un AOVE de alta gama segundo a súa valoración organoléptica. Así, o programa contén conceptos básicos para a cata de aceites, contemplando a fase olfativa, gustativa e táctil e características sensoriais como o sabor, o aroma, a textura e a cor, ademais de sesións de cata propiamente ditas para valorar a calidade de distintas mostras de produto. Tamén inclúe o proceso de elaboración do AOVE e os factores agronómicos e industriais que inflúen na calidade dos aceites; así como o seu etiquetado, entre outras cuestións.

Para asitir é preciso descargar e cubrir a solicitude, disponible neste enlace, e remitila cuberta ao enderezo electrónico formacion.agacal@xunta.gal. Os interesados en asistir poderán solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 881 997 279.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información