As ganderías de leite están na actualidade ofrecendo postos de traballo para facer fronte ao aumento do tamaño das granxas, e tamén para mellora da calidade de vida das familias gandeiras. Pero contratar persoal non é unha operación sinxela, como tampouco o é o día a día co persoal contratado. A maioría de gandeiros e gandeiras non teñen competencia en xestión de persoal, o que da lugar a disfuncionamentos, conflitos e rotación non desexada de asalariados e asalariadas.
Neste sentido, a Asociación para a Desintensificación no Agro (AEDA), co apoio da Área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza no mes de decembro un curso sobre xestión práctica de recursos humanos en ganderías de leite.
Obxectivos:
-Dar nocións básicas de como facer unha selección de persoal, como preparar a contratación e como establecer a relación laboral
-Formar sobre aspectos básicos dunha relación entre persoal contratado e gandeiro/a, para conseguir unha relación laboral satisfactoria
-Atender ás especificidades ligadas ao sector profesional no que nos movemos: a gandería
O curso pretende centrarse na práctica, con profesionais que podan achegar experiencia concreta e práctica. Abordáranse só superficialmente temáticas relacionadas con aspectos legais e tramitacións, ás que se entende que se poda acceder con outros mecanismos.
Destinarios/as:
O curso esta orientado específicamente ás persoas seguintes:
-familia gandeira que vai precisar en breve de contratar a unha persoa
-familia gandeira que xa contratou unha ou dúas persoas, pero non esta satisfeito/a dos resultados
Non está pensado para un perfil de empresa agraria con varias persoas contratadas con antigüidade.
A formación impartirase en Lugo no centro formativo AVECUS. As prazas son limitadas. A taxa de inscrición é de 50€ (gratuita para socios/as de AEDA). Pagamento a realizar o primeiro día de curso.
Información e inscrición
Para máis información: xerencia@xangalicia.com ou mensaxe wasap ao 620806414
Inscrición en: https://forms.gle/pApuTMRriVKyaQBt8
Consulta aquí o programa

Galego








Control OJD