Curso en Lugo sobre xestión integral de piñeiros

A formación ten previsto comezar o vindeiro mércores 2 de novembro, terá unha duración total de 40 horas e se desenvolverá no Centro de interpretación Terras do Miño, en Lugo, en horario de 16,00 a 20,00 horas

Curso en Lugo sobre xestión integral de piñeiros

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar en Lugo un curso sobre xestión integral de piñeiros. A formación, que terá unha duración total de 40 horas, ten previsto comezar o vindeiro mércores 2 de novembro e se desenvolverá ao longo de 9 días no Centro de interpretación Terras do Miño, en Lugo, en horario de 16,00 a 20,00 horas.

O obxectivo desta formación é ensinar aos alumnos a implantar aproveitamentos complementarios ao madeireiro no sector forestal dos piñeirais produtivos de Galicia. Así, o curso céntrase no aproveitamento resineiro como medio para a xestión integral das masas de piñeiros, co fin de obter madeira de pino de calidade, resina e cogomelos, ademais de expor o gando como medio alternativo para o control do sotobosque.

Esta iniciativa está dirixida en xeral a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como a mozos e mozas do medio rural galego e a persoas con expectativas de incorporación ao sector.

A inscrición pode facerse online no seguinte enlace: https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 828 620, ou enviarse un correo a distrito.forestal9@xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información