Curso en Lugo sobre “Comunicación forestal coas novas tecnoloxías”

O vindeiro 21 de novembro impartirase en Lugo un curso sobre “Comunicación forestal coas novas tecnoloxías”.

A formación, de carácter gratuíto, impartirase na sala muralla da Xunta de Galicia en Lugo de 16h a 21h, e está incluída dentro do programa de outono de “Cadeiras de Divulgación Forestal” organizado polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria, dentro do plan de formación agroforestal 2023 de AGACAL-Consellería do Medio Rural. Conta coa colaboración de Campo Galego e @eforestal.

Destinada ás persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coas agricultura, gandería, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, ou con expectativa de incorporación, en especial mozos e mozas do medio rural galego.

O curso será desenvolvido por David González Iglesias (xornalista e codirector do xornal dixital agrario Campo Galego) e Celso Javier Coco Megía (enxeñeiro técnico forestal, membro Copernicus Academy e impulsor de @eforestal), e contará cos seguintes aspectos a desenvolver:

    • A comunicación forestal nos xornais forestais.

    • A divulgación forestal desde as redes sociais.

As persoas interesadas poden preinscribirse no seguinte enderezo:

https://foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas

Máis información no teléfono 982 828 620, así coma no correo distrito.forestal9@xunta.gal ou en Twiter: @Dist_Forestal9

Descarga aquí a folla de inscripción

Cartel comunicación

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información