O vindeiro luns, o Sindicato Labrego Galego e COAG organizan un curso de mellora da rendibilidade nas granxas da comarca (Lourenzá), que terá lugar o 24, 26 e 28 de novembro.
A formación conta co financiamento do Ministerio de Agricultura (MAPA). As inscricións aínda están abertas no teléfono 698 15 96 67 ou no correo lourenza@sindicatolabrego.gal. O lugar de realización é a Aula de Formación do Multiusos Ponte de Cuñas no horario de 16 a 20 horas.
Contidos do curso: contabilidade básica das gandarías; reducindo custes co pastoreo: ferramentas administrativas para mellorar a base territorial e experiencias; e experiencias de comercialización directa e transformación en orixe.

Galego









Control OJD