Curso en liña sobre emprendemento e oportunidade de negocio no medio rural

Agaca impartirá un curso en liña gratuíto a partir do 11 de xaneiro. Nel diversas persoas cualificadas da asociación ensinarán como abordar un plan de emprendemento, estudar a súa viabilidade, e amosarán as diferentes oportunidades en torno ao rural galego. Será necesaria unha inscrición online para a asistir

Curso en liña sobre emprendemento e oportunidade de negocio no medio rural

O taller en liña comezará o vindeiro mes de xaneiro

A Asociación Galega de Cooperativas Agrarias impartirá un obradoiro gratuíto que leva por título “Emprendemento cooperativo no medio rural: oportunidades de negocio”. O seu obxectivo é definir aspectos xerais e elementos necesarios para levar a cabo un proxecto emprendedor e cooperativista no medio rural. Comezará o vindeiro 11 de xaneiro e estenderase ao longo de 5 sesións temáticas os martes e xoves de xaneiro en horario de mañá.

Os temas que se desenvolverán encáixanse na elaboración do plan emprendedor, na súa importancia social e económica, na xeración e maduración de ideas, nas oportunidades de negocio existentes, e na fórmula cooperativa e axudas públicas á posta en marcha dun proxecto. Cada tema abordarao persoal técnico e de xerencia de Agaca.

Este curso enmarcase no programa de actuación 2022 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta con financiación do Ministerio de Traballo. As persoas interesadas en asistir terán que matricularse en www.agaca.coop. A distribución do programa será a seguinte:

1ª Sesión: martes, 11 de xaneiro. ‘Elaboración do plan emprendedor’. A análise da viabilidade do proxecto de emprendemento: viabilidade persoal, técnica/comercial e financeira, a previsión de resultados. Relator: D. David Vila López, Técnico de Agaca.

2ª Sesión: xoves, 13 de xaneiro. ‘Por que emprender?’. A importancia da motivación por emprender: importancia económica e social do emprendedor. Relatora: Dª Loli Couso Costa, Técnica de Agaca.

3ª Sesión: martes, 18 de xaneiro. ‘Xeración e maduración de ideas para un proxecto emprendedor no medio rural’. Estratexias para levar adiante as túas ideas con éxito. Relator: D. Higinio Mougán Bouzón, Director-Xerente de Agaca.

4ª Sesión: xoves, 20 de xaneiro. ‘12 oportunidades de negocio para o emprendemento no medio rural’. Relator: D. Demetrio Bedriñana Bañico, Técnico de Agaca.

5ª Sesión: martes, 25 de xaneiro. ‘A fórmula cooperativa como modelo de emprendemento’. A posta en marcha do proxecto. Posibles apoios e axudas públicas iniciais na posta en marcha do proxecto emprendedor. Relator: D. Carlos Ares Fernández, Técnico de Agaca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información