Curso en Guísamo sobre enxerto de primavera en froiteiras e plantas ornamentais

A acción formativa desenvolverase entre os próximos días 9 e 13 de maio, en horario de tarde, no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo

Publicidade
Publicidade
Curso en Guísamo sobre enxerto de primavera en froiteiras e plantas ornamentais
Data inicio: 09/05/2022
Data fin: 13/05/2022
Lugar: CFEA Guísamo, Lg. Bos, Bergondo, España

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, programou un curso sobre enxerto de primavera. A acción formativa desenvolverase entre os días 9 e 13 de maio no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, no concello coruñés de Bergondo.

O curso celebrarase en horario de tarde, entre as 16.30 e as 20.30 horas. Está destinada a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozas e mozos do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

A formación ten unha duración de 20 horas e nelas abordarán as técnicas dos distintos enxertos a realizar tanto na fruticultura como nas plantas ornamentais, leñosas e semi-leñosas. O curso será tanto teórico como práctico. Na primeira parte explicarase a utilidade e a necesidade de facer enxertos, así como os distintos tipos de técnicas que se poden realizar tendo en conta os parámetros que se deben considerar, en función das clases de madeira (duras e brandas) ou da compatibilidade entre distintas especies vexetais.

No terreo práctico, os alumnos -coa supervisión e tras as demostracións pertinentes por parte dos mestres- realizarán os distintos tipos de enxerto adecuados á época de realización do curso. Así, prepararán os elementos a enxertar, tales como xemas e púas, e colocarán e atarán os distintos elementos sobre o patrón.

Inscrición

As persoas interesadas en asistir ó curso deben descarga as solicitudes de asistencia e remitilas cubertas ao enderezo electrónico cfea.guisamo@edu.xunta.gal para formalizar deste modo a inscrición. Tamén poden solicitar calquera información adicional chamando ao teléfono 881 881 043.

A formación inclúese dentro do plan de accións formativas e de transferencia para este ano 2022 da Consellería de Medio Rural, que pode consultarse aqui.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *