Curso en Ferrol sobre seguridade con motoserras e máquinas de rozar

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dependente da Consellería de Emprego e Igualdade, ten aberto o prazo de inscrición para un curso de 15 horas que se vai desenvolver proximamente en Ferrol centrado no uso seguro de motoserras e rozadoiras.

O obxectivo da acción formativa é proporcionar os coñecementos básicos para manexar estes aparellos en zonas que, coma a nosa, teñen unha alta produción forestal e tamén un maior índice de sinistralidade. Hai 8 prazas e as instancias hai que presentalas como moi tarde o 25 de agosto enviándoas por correo electrónico a formacion@conformaforestal.com.

Con esta oferta preténdese proporcionar formación específica en materia de prevención de riscos ás persoas traballadoras e profesionais do sector forestal, aínda que os coñecementos adquiridos tamén son de aplicación no ámbito da agrogandaría e da xardinaría, onde é habitual botar man de motoserras e máquinas de rozar para múltiples tarefas.

O curso comezará en Ferrol o 30 de agosto e rematará o 1 de setembro en horario de 16 a 21:00h. Son 15 horas en total que se repartirán nos seguintes módulos: seguridade e saúde no traballo, prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal, equipos de protección individual, planificación dos traballos de aproveitamento, normativa de seguridade, primeiros auxilios e, por último, 5 horas prácticas con motoserra e outras 5 manexando a rozadoira.

Pódese obter máis información nos teléfonos 981 551 704 e 659 515 371 ou no enderezo issga.formacion@xunta.gal.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información