Curso en Bergondo sobre novas alternativas para a produción de horta

Publicidade
Curso en Bergondo sobre novas alternativas para a produción de horta

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar unha acción de formación profesional e adquisición de competencias sobre as novas alternativas produtivas no sector da horta e as súas primeiras transformacións. O obradoiro darase ao longo de tres días no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Guísamo, no concello de Bergondo, entre os días 20 e 22 de xuño en horario de mañá, dende as 10 ás 14 horas, e de tarde, dende as 16 ás 20 horas.

O programa deste curso ensinará as diferentes variedades de horta a nivel galego, así coma outras novas coma o babyleaf, xunto a novos métodos de cultivo. Así mesmo, mostraranse diferentes especies de crucíferas en agricultura rexenerativa, así coma a comercialización de deshidratados, marmeladas e conservas xunto á produción e comercialización de produtos de horta.

A inscrición pode facerse online dende esta ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 881 043, ou enviarse un correo a cfea.guisamo@edu.xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información