Curso en Becerreá sobre manexo seguro de maquinaria agroforestal

A formación, cunha parte teórica e outra práctica, desenvolverase durante 4 días, a partir do vindeiro martes 25 de outubro, no Centro de Formación e Experimentación Agraria en horario de 9:00 a 14:15 horas

guerra_PROCESADORA_FORESTAL_14A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, ten previsto celebrar no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Becerreá un curso sobre seguridade no manexo de maquinaria agroforestal que comezará o vindeiro martes 25 de outubro.

O obxectivo deste curso, que se desenvolverá ao longo de catro días en horario de 9:00 a 14:15 horas, é dotar aos alumnos dos coñecementos necesarios sobre a lexislación referente á directiva de máquinas, normas harmonizadas e prevención de riscos laborais para que os estudantes sexan conscientes dos riscos que entraña o manexo desta maquinaria, ao tempo que se faga un bo uso dela. Para iso, levarase a cabo un plan de ensino no que se combinará unha parte teórica con outra práctica.

Para inscribirse é necesario facer a preinscrición en liña cubrindo os datos requeridos no seguinte enlace. O coordinador porase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se están ou non admitidas. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982828367, ou enviar un email a cfea.becerrea@xunta.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información