Os próximos 31 de maio e 1,2 e 3 de xuño está previsto que se imparta en Redondela (Pontevedra) un curso de “Técnicas de trepa e poda en altura“. A formación, de 32 horas de duración, está organizada por VERTICALIA SERVICIOS DE FORMACIÓN Y CONSULTORÍA S.L. O horario é de 7:00 a 15:00 horas e o prezo do curso é de 450 euros, existindo a posibilidade de bonificalo, sen custo adicional.
As persoas interesadas poden escribir a info@verticaliaformacion.com ou chamar ao 986 401 472
Os destinatarios desta formación son profesionais que queiran adquirir coñecementos e acreditación profesional de trepa e técnicas seguras de traballos de poda en altura.
Os obxectivos que se perseguen son dotar aos traballadores dunha ferramenta eficaz para a prevención de riscos laborais durante a realización de traballos e situacións de emerxencia en altura e a súa aplicación práctica ao RD2177/2004.