Curso de promoción agroalimentaria para a mellora de estratexias de comercialización

A Fundación Juana de Vega promove coa EFA-Fonteboa unha nova edición do curso ‘Estratexias de comercialización de produtos agroalimentarios’. Impartirase entre os vindeiros luns 17 e mércores 19 en San Pedro de Nós, Oleiros. Fará fincapé nas tendencias de marketing, e as necesidades de aplicación dos conceptos ‘branding’ e ‘packaging’

Publicidade
Curso de promoción agroalimentaria para a mellora de estratexias de comercialización

Estratexias de marketing, comunicación e publicidade para mellorar a comercialización do produto

O vindeiro luns, martes e mércores a Fundación Juana de Vega organiza o curso ‘Estratexias de comercialización, ‘packaging’ e etiquetado de produtos agroalimentarios’. Esta iniciativa está dirixida a emprendedores, produtores e transformadores agroalimentarios que procuren coñecer ferramentas de marketing online e comercialización no ámbito, así como as tendencias de deseño e presentación de etiquetas neste sector.

Durante a xornada, profundizarase sobre os conceptos de ‘branding’ e ‘packaging’ coa finalidade de amosar a importancia do empaque de produtos agroalimentarios e o seu aporte diferencial. Todo o curso será ilustrado con diferentes tendencias a nivel global e intentarase actualizar sobre as novas tendencias que poden ser útiles na súa aplicación para os beneficiarios.

O evento terá lugar na seda da Fundación, en San Pedro de Nós, Oleiros. O luns e o martes arrancarán coa intervención do docente José Ramón Porto, director de Pe e profesor de Markting Dixital na USC e na University College de Dublin, que abordará baixo a temática das estratexias de comercialización, os cambios no comportamento de compra do consumidor, a importancia de planificar marketing ou as novas estratexias que se están aplicando no mercado.

O mércores intervirá Xosé Teiga, director creativo experto en estratexia aplicada á comunicación e a publicidade. Os contidos que abordará están centrados, nunha primeira parte, no significado dos conceptos ‘branding’ e ‘packaging’ e na necesidade dunha marca en aplicalos sobre os seus produtos a través de certos deseños ou signos. A segunda parte achegarase a todo o relacionado coa identidade do produto. Para a asistencia á xornada será necesaria inscrición.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información