Curso de posta en marcha e mantemento da motoserra

A Federación de Aserradoiros e Rematantes (Fearmaga) programou un seminario práctico destinado a cualificar ó persoal das empresas do sector forestal

Publicidade
Curso de posta en marcha e mantemento da motoserra
Data inicio: 19/09/2018
Data fin: 21/09/2018
Lugar: Santiago de compostela

Santiago acollerá a próxima semana un curso de tres días sobre a posta en marcha e mantemento da motoserra. A actividade, organizada pola Federación de Aserradoiros e Rematantes de Galicia (Fearmaga), oriéntase a cualificar ó persoal das empresas do sector forestal no manexo e xestión da maquinaria de corta. O curso inclúe formación práctica sobre operacións de mantemento (limpeza, engranaxe, afiado de cadeas, reparación e ensamblado), así coma recomendacións para o manexo e prevención de riscos laborais.

A actividade conta cun total de 20 horas lectivas (7,5 teóricas e 12,5 prácticas) e celebrarase entre o 19 e o 21 de setembro en Santiago. Este é o primeiro dunha serie de cursos de formación continua que está a programar Fearmaga para os traballadores do sector forestal.

Para inscribirse, hai que escribir ó e-mail informacion (arroba) maderasdegalicia.es indicando nome, apelidos, DNI e teléfono de contacto.

Pódese consultar máis información na web de Fearmaga ou no teléfono 981-568.390.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información