A Fundación Juana de Vega e a Axencia Galega da Calidade Agroalimentaria (AGACAL) organizan no Centro de Formación Experimentación Agroforestal de Guísamo (Bergondo, A Coruña) un curso de perfeccionamento á poda da vide. O curso aborda as bases da poda de inverno nas viñas cun enfoque eminentemente práctico. Impartirase durante os meses de febreiro e marzo de 2026.
Todas as sesións son teórico-prácticas e terán lugar no CFEA de Guísamo (AGACAL) en Bergondo (A Coruña), salvo a xornada inicial que será na Fundación Juana de Vega en Oleiros.
Ao finalizar o curso, o alumnado:
-Coñecerá os beneficios da correcta poda da vide a nivel de formación das plantas e de optimización da calidade e cantidade de uva.
-Será capaz de programar a poda cepas tanto de variedade brancas (branca lexítima, godello, loureira, albariño, etc.) e tintas (mencía, brancellao, merenzao, sousón, garnacha, etc.) en función do estado de desenvolvemento dos exemplares e dos obxectivos a acadar.
-Será capaz de realizar, de maneira axeitada, a poda das cepas.
Docente: Ana Picón Cotos
Total de horas: 23
Todas as sesión prácticas terán lugar no CFEA de Guísamo. A xornada de inauguración será na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros) o xoves, 19 de febreiro.
Horario: 16:00 – 20:00h
Prazas: 20
Prezo: 75€
Inscrición: a través do seguinte formulario. A reserva de praza non quedará confirmada ata o pago da cota e envío do xustificante bancario.
Programa:
Xoves, 19 de febreiro | Fundación Juana de Vega
16:00 – 16:15h. Inauguración e presentación do curso.
16:15 – 19:00h. Conferencia: Evolución e perspectivas da poda en fruticultura e viticultura.
Xosé Antonio Meixide Fernández (AGACAL)
Martes, 24 de febreiro | CFEA de Guísamo
Teoría e práctica: A poda da cepa. Conceptos xerais. Sistemas de formación de viñedo. Tipos de xemas e calculo de carga.
Martes, 3 de marzo | CFEA de Guísamo
Teoría: Poda da viña en espaldeira e poda da viña en emparrado.
Práctica: Poda de formación e rexuvecemento.
Martes, 10 de marzo | CFEA de Guísamo
Práctica: Poda de produción. Poda Guyot e poda Cordon Royat.
Martes, 17 de marzo | CFEA de Guísamo
Práctica: Poda de produción e manexo da poda fronte ás enfermidades da madeira.
Martes, 24 de marzo | CFEA de Guísamo
Práctica: Atado.
Teoría: Adestramento, mantemento e medidas de seguridade cas ferramentas e utensilios utilizados na actividade da poda. Eliminación de restos de poda.
Galego









Control OJD