Curso de poda de castiñeiros para froito

Este taller está organizado pola Asociación Forestal de Galicia para este sábado 26 de marzo no monte demostrativo do Pico Sacro, en Boqueixón

Ensayo de progenies de castaño del país.

Ensayo de progenies de castaño del país.

A Asociación Forestal de Galicia, co patrocinio de Inditex, organiza este sábado un obradoiro gratuíto de poda de castiñeiro para froito, no marco das actividades formativas do Monte demostrativo do Pico Sacro. Con anterioridade, a asociación xa organizou este inverno talleres sobre a plantación de castiñeiros.

O taller de poda será eminentemente práctico, e terá lugar este sábado 26 de marzo, entre as 10:30h e as 13.30 h. Abordaranse cuestións como fundamentos de poda, tipos de poda, ferramentas, seguridade e sanidade da árbore. A cita será ás 10.30 h na entrada norte do monte demostrativo do Pico Sacro, que se pode localizar neste enlace.

A formación é gratuíta pero todas aquelas persoas interesadas en asistir deberán poñerse en contacto previo coa oficina da Asociación Forestal de Galicia en Santiago para a súa inscrición, a través dos teléfonos 981 564 011 e 618 752 214, ou mediante un correo electrónico a afg@asociacionforestal.org.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información