Curso de planificación de cortas mediante programación matemática

Curso de planificación de cortas mediante programación matemática

A Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo da USC mantén aberto ata o próximo luns 17 de outubro o prazo de inscrición no curso ‘Planificación de cortas en Galicia mediante programación matemática’, unha actividade gratuíta de formación complementaria que conta con financiamento da Deputación Provincial de Lugo e a través da que se pretende transferir o coñecemento xerado na USC relacionado coa modelaxe matemática dos sistemas forestais.

Os profesores Ulises Diéguez Aranda, do Departamento de Enxeñaría Agroforestal, e Miguel E. Vázquez Méndez, do Departamento de Matemática Aplicada, serán os responsables de impartir as clases deste curso, unhas sesións que se desenvolverán os días 18, 20 e 25 de outubro, en quenda de 16.00 a 19.00 horas, na Aula 20 do pavillón II da EPSE.

Os obxectivos deste seminario pasan por servir como complemento formativo para as persoas egresadas en titulacións forestais que non traballaron coas técnicas de programación matemática aplicada á programación de cortas. Trátase tamén dunha actividade que pode resultar de interese para persoas con titulacións ligadas a temáticas relacionadas co medio ambiente e cos recursos naturais.

Os contidos deste curso están estruturados en catro áreas temáticas: Planificación e xestión forestal, introdución á programación matemática, modelo de programación lineal e extensións e a aplicación web PLANFLOR.

As persoas interesadas poden solicitar máis información a través do enderezo de correo electrónico ulises.dieguez@usc.es ou no número de teléfono 982 823 300.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información