Curso de nivel alto de abatemento dirixido de árbores con cable e cabrestante

Data inicio: 25/10/2019
Data fin: 26/10/2019
Lugar: Centro De Capacitacion Forestal De Lourizán, Rúa Igrexa, Lourizán, España

O Centro de Formación Agroforestal de Lourizán, que organiza un amplo programa de cursos este outono, anuncia unha nova acción formativa sobre abatemento dirixido de árbores. A actividade, que se dirixe principalmente a profesionais do sector forestal e a persoas relacionadas co agro, abordará a corta de árbores con motoserra e a orientación da súa caída mediante o uso de cable e cabrestante.

O curso ten 10 horas de duración e desenvolverase na tarde do venres 25 e na mañá do sábado 26. A asistencia non ten custe, pero hai que anotarse enviando o formulario de inscrición ao enderezo electrónico [email protected]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información