O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa organiza do 17 ao 21 deste mes de outubro un curso sobre muxido.
A formación está dirixida principalmente ao alumnado de primeiro de Gandaría e Asistencia en Sanidade Animal (GASA) pero tamén está aberto a outras persoas interesadas en participar.
O curso terá un horario de 8:00 a 14:00 horas distribuído en dúas partes: participación no muxido en granxas e formación na aula.
Nesta acción formativa participan varias ganderías da zona e empresas especializadas en equipamentos e produtos como Química Industrial Savelo, De Gea ou Lely.
As persoas interesadas en asistir poden chamar ao 981 733051 ou enviar un email a fonteboa@efagalicia.org