Curso de inventarios forestais e cubicación de madeira

Actividade organizada pola Federación de Aserradoiros e Rematantes de Galicia (Fearmaga)

Publicidade
Curso de inventarios forestais e cubicación de madeira
Data inicio: 03/10/2018
Data fin: 05/10/2018
Lugar: Santiago de Compostela, A Coruña.

Santiago acollerá do 3 ó 5 de outubro un curso de realización de inventarios forestais e cubicación de madeira. A actividade ten 20 horas lectivas, 10 teóricas e 10 prácticas, e está organizada pola Federación de Aserradoiros e Rematantes de Galicia (Fearmaga). O obxectivo do curso é cualificar ó persoal das empresas do sector forestal nas técnicas de mostreo básico, uso de equipos e cubicación de madeira.

Nas prácticas de campo, está previsto facer medicións e inventario de parcelas de piñeiro e de eucalipto.

Os contidos previstos para o curso son os seguintes:

– Inventario de vexetación: identificación de especies, técnicas de mostreo, inventario forestal e recollida e almacenamento de datos.

– Uso de aparatos e equipos en inventario de vexetación: equipos e medios para medicións, posicionamentos e sinalización – marcaxe de plantas e árbores. Prevención de riscos laborais.

– Cubicación de madeira: cubicación forestal, métodos e aplicacións – programas aplicados á cubicación da madeira-.

As prazas son limitadas. Para inscribirse, pódese contactar coa organización no teléfono 981-568.390 ou no e-mail informacion@maderasdegalicia.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información