Curso de introducion á avicultura artesanal

Curso de introducion á avicultura artesanal

A Oficina Agraria Comarcal de Ferrol, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza para os vindeiros 7, 8 e 9 de outubro un curso sobre “Introdución á avicultura artesanal”. A actividade formativa desenvolverase na Casa da Cultura do concello de San Sadurniño en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:00 horas

O programa do curso é o seguinte:

-Galos e galiñas: Orixe e domesticación, características e necesidades.

-Avicultura: Reprodución, crianza, alimentación, saúde e coidados.

-Evolución e tipos de avicultura (autoconsumo e industrial, convencional ecolóxica, artesanal; de reprodución, de ovos e de carne; razas e estirpes)

-Explotación Avícola Artesanal: Requisitos.

-Galiñeiros e Currais: Opcións.

-Ovos e carne da produción artesanal:Comercialización.

-Outros produtos da avicultura artesanal

-Pensar e deseñar a túa granxa.

-Visita a Explotación Avícola Artesanal con Envasadora de Ovos (Castro de Riberas de Lea)

Para máis información e solicitudes para asistir ao curso chamar ao teléfono 981337049. As solicitudes para o curso teñen que enviarse cubertas e asinadas polos alumnos interesados a oac.seca.ferrol@xunta.gal 

Este curso está cofinanciado con fondos europeos FEADER nun 75%, e polo Estado e a Xunta de Galicia na porcentaxe restante a partes iguais.

Descarga aquí a solicitude

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información