O Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Monforte de Lemos acollerá a vindeira semana, desde o luns 9 ao venres 13 de maio, un curso formativo sobre a técnica de inseminación artificial en gando vacún, tanto de leite como de carne.
O programa, que inclúe unha parte teórica e outra práctica, desenvolveráse en horario de mañá, de 10 a 14 horas, e consta das seguintes partes:
LUNS 9:
- O aparello reprodutor: Anatomía do aparello reprodutor da vaca e do touro
- Fisioloxía da reprodución: O ciclo reprodutivo e a detección de celo
MARTES 10:
- Control de reprodución: Índices reprodutivos, mellora dos resultados produtivos e problemas que afectan á reprodución
- Prácticas en matrices
MÉRCORES 11 e XOVES 12:
- Prácticas de inseminación
VENRES 13:
- Visita á empresa Xenética Fontao (Lugo)
Formulario de inscrición
Esta acción formativa está destinada a gandeiros ou persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura e o sector forestal, especialmente mozos e mozas con expectativa de incorporación a explotacións gandeiras.
Para participar no curso, que é de balde e dá dereito a obter un certificado de asistencia polas 20 horas de duración, é necesario facer a reserva da praza a través do seguinte formulario de inscrición.