O Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa, de Coristanco (A Coruña), en colaboración coa Fundación Juana de Vega organiza un “Curso de iniciación á produción de cultivos alternativos na horta”, como plantas medicinais ou biofertilizantes, entre outros.
A formación impartirase de marzo a xuño de 2021 todos os xoves en horario de 16,00 a 19,00 horas.
Contidos:
-Deseño e preparación de bancais.
-As plantas medicinais: identificación e coidados
-Elaboración de preparados biolóxicos para a loita ecolóxica
-Elaboración de nutrientes para as plantas: biofertilizantes, abonos verdes.
-Recolleita e elaborados de plantas
-Elaboración de remedios medicinais con plantas silvestres
-Elaboración de receitas medicinais e preparados culinarios
Público destinatario:
-Pequenos produtores que queiran iniciar a produción de cultivos hortícolas en ecolóxico.
-Persoas que queiran transformar a súa produción convencional en ecolóxica.
-Consumidores que dispoñan dunha pequena horta e pretendan producir en bio os seus propios alimentos.
Inscrición:
Centro de Promoción Rural – EFA Fonteboa. Teléfono 981 733 051 e email inscricion@efagalicia.org
Prezo:
Socios da Asociación EFA Fonteboa:100 €. Non Socios: 120 €