Entre o 14 e o 17 de xullo, desenvolverase unha acción formativa clave para as ganderías de ovino e cabrún de Galicia, pois é o principal curso na materia que se desenvolverá ó longo deste ano. O curso incluirá tanto aspectos teóricos como sesións prácticas en cuestións como a atención ó parto dos animais, podoloxía ou a xestión de contas dunha explotación.
A actividade, de carácter gratuíto, inclúe unha parte de teleformación, os días 14 e 15 de xullo en horario de 9.30 a 14 horas, e dúas sesións presenciais na Finca Marco da Curra, de 10 a 14 horas, e de 15.30 a 19 horas. Na Finca Marco da Curra contan cun rabaño de ovellas galegas, así como de raza texel, e con cabra galega.
O curso analizará os principais aspectos da produción en extensivo, baseados na experiencia directa do sector e nos últimos datos de investigación do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM). Imparten a acción Joan Alibés (Beealia), Miguel Viña (ADSG Acivo) e Santiago Crecente, do CIAM.
A actividade pretende proporcionarlle un coñecemento integral ás persoas asistentes, tanto a nivel de cuestións de manexo (alimentación, instalacións, mallas, etc.) como de comercialización e xestión económica.
Pódese facer a inscripción a través da web do Agacal.
Para máis información, pódese consultar no teléfono 881 881 817 ou no mail santiago.crecente.campo (arroba) xunta.gal.
Galego










Control OJD