O Colexio Oficial de Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG) organiza un curso de implantación de QGIS na oficina técnica (nivel básico). A formación desenvolverase do 7 ó 25 de marzo, en formato híbrido (presencial e online), cun total de 28 horas. As sesións presenciais serán na sede do COETFG, en Santiago, e as virtuais a través da plataforma Zoom.
O QGIS é un sistema de información xeográfico de software libre, válido para todo tipo de sistemas operativos. O curso abordará tódalas cuestións teóricas ligadas ó manexo do sistema, como cargar e visualizar datos, traballar con mapas, táboas, etc. Contará ademais cun módulo final con casos prácticos e cunha titoría online.
A actividade formativa conta con 16 prazas e a inscripción está aberta ata o día 3 de marzo ás 15 horas. As sesións presenciais do curso serán en xornada de mañá e tarde, en tanto as sesións online faranse de tarde de 17 a 19 horas:
– Sesións presenciais: 07, 14 e 21 de marzo de 2026
– Sesións en liña: 18 e 25 de marzo de 2026
O curso enmárcase no proxecto ‘Accións formativas e divulgativas dirixidas ó impulso do coñecemento e a competitividade da industria forestal – madeira en Galicia – COETFG 2025-2026’, financiado pola Axencia Galega da Industria Forestal XERA.
Imparte a actividade o enxeñeiro técnico forestal Fernando Enjamio. A inscripción, de carácter gratuíto, está dirixida a profesionais da industria forestal – madeira ou a estudantes vencellados con este sector
Podes ter máis información do curso na web do COETFG.
Galego








Control OJD