O Colexio Oficial de Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG) programou un curso de habilidades directivas na industria forestal – madeira, orientado a profesionais do sector, así como a estudantes universitarios ou de ciclos formativos vencellados ao ámbito forestal – madeira.
A acción formativa, que se desenvolverá ao longo do primeiro semestre do ano, contará con 6 sesións presenciais, na sede do Colexio en Santiago, e con 12 en liña. O obxectivo do curso é traballar habilidades para mellorar a eficiencia e produtividade dos equipos humanos. Abordaranse cuestións como a negociación, a comunicación, o traballo en equipo, o liderado ou a motivación, entre outras.
O curso será impartido por Modesto Luis Gómez Rodríguez, director de EnxenoGalicia, que conta cunha longa experiencia de formación e asesoramento tanto na empresa privada como en institucións públicas.
As sesións impartiranse nas seguintes datas:
– 6 Xornadas presenciais 2026: 30 de xaneiro, 27 de febreiro, 20 de marzo, 24 de abril, 22 de maio e 12 de xuño de 2026 (Horario: de 17.00 a 21.00 h).
– 12 Xornadas en liña: 16 e 23 de xaneiro, 6 e 20 de febreiro, 6 e 13 de marzo, 10 e 17 de abril, 8 e 15 de maio, 29 de maio e 5 de xuño (Horario de 17.00 a 19.00 h).
A inscripción é gratuíta. Pode obterse máis información e formalizar a inscripción a través da web do COETFG. O prazo de inscripción está aberto ata o 13 de xaneiro.
O curso enmárcase no proxecto ‘Accións formativas e divulgativas dirixidas ao impulso do coñecemento e a competitividade da industria forestal – madeira de Galicia, Coetfg 2025 – 2026’, cofinanciado pola Axencia Galega da Industria Forestal XERA.
Galego







Control OJD