O Sindicato Labrego Galego e a Coordinadora de Agricultores y Ganaderos (COAG) organizan do 6 ao 8 de setembro en Chantada un curso de gandería rexenerativa, impartido polo biólogo e gandeiro Antonio Tucci.
A formación impartirase en horario de mañá e tarde e incluirá visitas prácticas.
As persoas interesadas en asistir poden chamar ao 982 440 804 ou enviar un correo a chantada@sindicatolabrego.com