Curso de fruticultura e elaboración de sidra e zume de mazá

Publicidade

A Fundación Juana de Vega, en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, imparte un “Curso básico de froiteiras de pebida: Maceiras de mesa, de sidra e transformados”, para á implantación e mantemento de fincas frutícolas. O curso ten unha duración de 84 horas e impartirase de febreiro e decembro deste ano.

Este curso ten un enfoque eminentemente práctico, de forma que ao longo de todo o ciclo vexetativo, traballarase con froiteiras de pebida, especialmente maceiras de mesa e sidra. A parte final do curso estará dedicada á tecnoloxía de elaboración de zume de mazá e da sidra.

Carteles_Cursos

Actividades:

-Formación teórica e práctica  sobre variedades, poda, sistemas de condución, prácticas culturais, sanidade vexetal, recollida e conservación e transformados a base de maza.
-Visita a unha explotación frutícola e sidrería.

Duración do curso: 84 horas (febreiro- decembro)

Nº de sesións docentes: 11

Número de prazas: 20
Prezo: 165 euros

Lugar:

Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás a inauguración e clausura do curso, así como as sesións que se indican no calendario que terán lugar na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros). Para más detalle ver o programa do curso.

Horario do curso:
Aulas en CFEA de Guísamo: de 16:30 h a 20:30 h.
Aulas na Fundación Juana de Vega: de 16:00 h a 20:00 h

Descarga aquí o programa e o formulario de inscrición

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información