Curso de formación sobre novas aplicacións tecnolóxicas que facilitan a xestión do gando

Rumi

As novas ferramentas dixitais de xeolocalización e toma de datos do gando vacún estanse a implantar de cheo na cabana gandeira. Son un instrumento útil para a xestión do rabaño nas explotacións e a mellora da produtividade.

Pero para sacar o máximo partido a estas aplicacións é necesaria formación específica. Con este obxectivo, o próximo día 17 de novembro terá lugar na localidade do Arneiro (Cospeito) unha acción formativa destinada a titulares de explotacións de gando vacún, tanto de carne como de leite. O horario do curso será de 9 a 15 horas e para asistir é necesario inscribirse a través do número de whatsapp 644 586 245.

Baixo o título Xornadas de formación en aplicacións de xestión gandeira, o curso abordará os seguintes temas:

  • Presentación de ferramentas dixitais de xestión do gando (1 h)
  • Iniciación no seu uso nas explotacións (1 h)
  • Importancia dos índices produtivos e reprodutivos (2 h)
  • Práctica: análise dos datos das propias ganderías asistentes (1 h)
  • A PAC e as novas tecnoloxías como método de xustificación (1 h)

Esta xornada formativa está organizada polos servizos veterinarios da oficina agraria comarcal de Lugo dentro da programación de actividades de demostración e transferencia tecnolóxica da Consellería do Medio Rural. Será impartida pola empresa Innogando, unha star up galega que creou o colar intelixente Rumi. Nestes momentos, ademais, existen axudas para a implantación destas tecnoloxías nas explotacións.  

Una idea sobre “Curso de formación sobre novas aplicacións tecnolóxicas que facilitan a xestión do gando

  1. Maria Josefa Campos Arca

    Axudas o rural hai que construir e non destruir
    Axudas, os gadeiros, labregos,madereiros e derivados, agrarios, en definitiva o que lle chaman a Galicia profunda e vacia hai que axudar a que xe encha e sexa productiva non que se vacie mais.
    Pola nosa saude e a saude do medo ambiente,da biodiversidade, da natureza, animais domesticos e salvaxes, ,acuiferos rios, e fontes, etc, hai que construir non destruir.
    Queremos vivir no rural e non dentro de macroparques eolicos,
    Xa non se acordan da xente que tuvo que marchar dos pobos que arrasaron cos ancoros,
    Basta xa de pagar sempre os mesmos,
    Para Galicia non tren cousa boa.
    Que os leven para a Moncla.
    Axudar a Rural que non estamos dispostos a volver a emigrar para que nos volvan a quitar ps nosos bens. 💪💪💪💪

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información