Curso de formación para a prevención de incendios

Esta acción formativa tratará aspectos prácticos da normativa en materia de montes, entre os que se abordará a xestión do espazo agroforestal e da interface urbano forestal, ou medidas de autoprotección ante un incendio forestal

Curso de formación para a prevención de incendios

Esta formación rexistra accións prácticas para a prevención de incendios, así como para a autoprotección de vivendas e persoas

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria organiza o curso “Aspectos prácticos da normativa en materia de montes e de prevención de incendios de Galicia” -código FC2022F127172- que se celebrará en Monterroso o xoves 20 de outubro. Terá lugar no Salón de Actos do Centro Sociocultural de Xuventude e Terceira Idade, de 16h a 21h. Contaranse con outras edicións do mesmo en Guntín, o día 27 de outubro, e en Antas de Ulla, o día 17 de novembro.

Dentro dos contidos do curso abordarase desde a normativa en materia de montes -cortas de arborado, repoboacións forestais, cambios de actividade, montes veciñais en man común, etc.- a normativa en materia de incendios -obrigas de xestión de biomasa, prevención de incendios, etc.- ou mesmo a medidas de autoprotección de vivendas e persoas ante un incendio forestal. A súa asistencia require de preinscrición, e pode realizarse a través deste enlace.

Nesta ocasión, o curso será desenvolvido por persoal técnico da Consellería do Medio Rural e por persoal do Parque de Bombeiros Comarcal de Chantada. Así mesmo, esta acción inclúese na programación de outono de ‘Cadeiras de Divulgación Forestal’ organizado polo Distrito Forestal IX Lugo-Sarria, dentro do plan de formación agroforestal 2022 de Agacal-Consellería do Medio Rural. Para máis información pode escribirse a distrito.forestal9@xunta.gal ou a través do número 982 828 620.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información