O Colexio Oficial de Enxeñaría Técnica Forestal de Galicia (COETFG) organiza durante os próximos meses un curso online sobre asesoramento silvícola e ferramentas tecnolóxicas de utilidade na materia. A actividade, orientada a profesionais da industria forestal – madeira e a estudantes do mesmo ramo, constará de 14 sesións online, impartidas entre 17.30 e 19.30 h., a razón de 4 – 5 sesións ó mes entre o 10 de marzo e o 4 de xuño.
O curso é eminentemente práctico, orientado, entre outras cuestións, a abordar o manexo de aplicacións oficiais que os profesionais teñen que empregar no seu día a día, como o Xorfor, para a tramitación de proxectos de ordenación forestal, ou o Corweb, para a xestión de aproveitamentos madeireiros. Abordaranse tamén temas de actualidade, como os proxectos de absorción de carbono, o rexistro de masas de frondosas consolidadas ou o Inventario Forestal Continuo de Galicia.
O curso é de carácter gratuíto e as persoas interesadas en inscribirse poden facelo neste enlace.
A actividade é parte do proxecto ‘Accións formativas e divulgativas dirixidas ao impulso do coñecemento e á competitividade da industria forestal madeira de Galicia 2025 – 2026’, cofinanciado pola Axencia Galega da Industria Forestal XERA. O curso está organizado polo COETFG, en colaboración con Apenfoga.
Máis información
– Programa completo do curso de ferramentos Tic e asesoramento silvícola (Pdf).
Galego







Control OJD