O Centro de Formación e Experimentación Agraria de Lourizán ofrece un curso de cultivo doméstico de cogómelos entre o luns 29 e o mércores 1 de outubro. A formación, de 20 horas de duración, impartirase en horario de mañá e tarde (10-14 horas e 16 – 19 horas, excepto o luns, de 9 a 15 h.).
As persoas interesadas en inscribirse deben facelo a través desta plataforma. O xeito máis doado de atopar o curso é introducindo o seu código na caixa de busca: FC2025F136015
Programa do curso
1. Introdución ao cultivo de cogomelos
– Importancia ecolóxica e económica dos cogomelos
– Historia do cultivo e aproveitamento micolóxico
– Usos dos cogomelos: alimentación, farmacoloxía e nutracéutica
– Principais especies cultivables e as súas características
2. Condicións e substratos para o cultivo
– Parámetros ambientais: temperatura, humidade, ventilación e luz
– Tipos de substratos: naturais e artificiais
– Preparación de substratos para diferentes especies
– Introdución ás técnicas de micorrización
3. Técnicas prácticas de cultivo
– Medidas de asepsia e esterilización no cultivo
– Preparación de medios de cultivo: placa, gran, paca e tronco
– Inoculación e incubación de micelio
– Mantemento e control do crecemento
4. Xestión de problemas no cultivo e lexislación
– Contaminantes, infeccións e patóxenos
– Principais enfermidades e pragas
– Métodos de prevención e tratamento
– Control biolóxico e alternativas naturais
– Lexislación aplicable ao cultivo e comercialización
5. Aproveitamento e usos dos cogomelos
– Cogomelos con propiedades medicinais e nutricionais
– Usos culinarios e técnicas de conservación
– Identificación de especies tóxicas e prevención de intoxicacións
Galego






Control OJD