Curso de convivencia e prevención de ataques de lobo á gandaría

Os próximos 16, 17 e 18 deste mes impartirase na localidade lucense de Meira un “Curso de convivencia e prevención de ataques de lobo á gandaría”. Esta actividade, que se impartirá na Casa da Cultura, está organizada pola Oficina Agraria Comarcal.

A formación procurará ofrecer claves que permitan unha convivencia do lobo sen que as gandarías rematen tendo perdas por ataques. Trataranse aspectos como as medidas preventivas a adoptar polos gandeiros. Ademais, incluirase unha parte práctica na que levará a cabo a colocación de peches para protexer ao gando do lobo

A formación será impartida por persoal da empresa de asesoramento e xestión de gandarías Beealia, pero tamén intervirán expertos como Luís Llaneza, biólogo da empresa Arena; ou Laureano Parada, da firma Trafogal, especializada na realización de peches para o gando e que se encargará de ofrecer unha sesión teórica e práctica sobre cercas.

Para máis información ou inscribirse enviar un correo a oac.seca.meira@xunta.gal ou chamar aos teléfonos 982 87 05 14 ou 982 87 05 16

xornada lobo meira

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información