Curso de benestar animal no transporte

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), ten previsto celebrar dende a vindeira semana en Monforte un curso sobre benestar animal no transporte. Impartido en modalidade semipresencial polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) da localidade, está programado para que se celebre entre o luns 4 e o xoves 21 de outubro.

Ao longo de 20 horas lectivas -a metade delas no propio CFEA e a outra metade en liña-, a acción formativa abordará temas como a saúde e a seguridade no traballo, o manexo, a hixiene e a prevención sanitaria ou a lexislación sobre benestar animal. Así, este curso ten como obxectivo ofrecer aos alumnos os coñecementos necesarios neste eido para que poidan desenvolver debidamente todas as tarefas relacionadas co transporte de animais.

Canto aos participantes, a acción están dirixida en xeral a persoas vinculadas profesionalmente coa agricultura, a gandería, a industria agroalimentaria e o sector forestal ou con expectativas de incorporación, en especial mozos e mozas do rural galego.

Para inscribirse pódese descargar a solicitude nesta ligazón e remitila cuberta ao enderezo electrónico maria.estrella.rodriguez.rodriguez@xunta.gal. Os interesados en obter información adicional poden chamar ao teléfono 982889102.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información