Curso de asesoramento en explotacións agrícolas e gandeiras

Curso de asesoramento en explotacións agrícolas e gandeiras

Un dos obxectivos do curso é asesorar sobre como mellorar a competitividade das explotacións. / Imaxe de arquivo.

O prazo de inscrición para participar no curso de asesoramento en explotacións agrícolas e gandeiras, enmarcado no “Plan de Formación continua 2024 para técnicos do Medio Rural”, organizado polo Ministerio de Agricultura,continuará aberto ata o próximo 31 de outubro.

O curso ten como finalidade mostrar como funcionan os sistemas de asesoramento, presentar os elementos esenciais da última reforma da Política Agraria Común, así como doutras materias para a modernización e a mellora da competitividade das explotacións.

Durante o seu desenvolvemento presentaranse casos prácticos de asesoramento e abordaranse aspectos relacionados coas características principais do Plan Estratéxico da PAC 2023-2027: política do desenvolvemento rural, aspectos ambientais, as actuacións do Departamento en favor de mulleres, etc.

O curso está dirixido a asesores de explotacións en activo e profesionais con interese en desenvolverse neste campo. Impartirase a través dunha aula virtual os días 4, 5, 7, 11, 12 e 14 de novembro en horario de mañá, de 9 a 15 horas.

As gravacións e presentacións estarán dispoñibles as 24 horas a través da plataforma de teleformación que o ministerio pon ao dispor do alumnado. As persoas interesadas poderán realizar a inscrición, ata o 31 de outubro, a través da seguinte ligazón e entrando en Calendario del Plan de formación continua para técnicos del medio rural 2024.

Co impulso a estes cursos, o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación trata de fomentar o equilibrio social e económico entre as cidades e o medio rural. Ademais, busca impulsar materias de interese para novos agricultores e gandeiros, como as relacionadas coa innovación e a dixitalización.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información