Curso de apoio en Mondoñedo para iniciar un negocio no medio rural

O programa busca dotar de coñecementos empresariais básicos a aquelas persoas que teñen ou queren iniciar un negocio relacionado co sector agrario, agroalimentario ou forestal

EF Business School ofrece unha formación 100% gratuíta para as e os mozos emprendedores de Mondoñedo que teñen ou queren iniciar unha actividade relacionada co sector agrario, agroalimentario ou forestal.

A actividade, promovida pola Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) e financiada a través do Programa de Desenvolvemento Emprendedor co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), busca ofrecer as ferramentas necesarias para que o proxecto empresarial destes mozos funcione.

Así, ensinarase ao alumnado para calcular o prezo do seu negocio, valorar os custos, a coñecer as distintas vías de financiamento ou aplicar técnicas de márketing, entre outras cuestións.

Ensinarase a valorar os distintos custos dun negocio e a calcular o prezo de venda dos produtos

A formación impartirase de luns a xoves no Concello de Mondoñedo de 10:00 a 13:00 horas. O programa dará inicio o luns 22 de novembro e finalizará o 22 de decembro.

En concreto, o programa consta de 12 módulos de 3 horas cada un baixo os seguintes epígrafes:
– Punto de partida e titorización de proxectos
– Modelos de negocio e titorización de proxectos
– Cadea de valor e titorización de proxectos
– Cálculo de custos
– Cálculo de prezo
– Márketing
– Transformación dixital
– Métodos de financiamento
– Axudas
– Lexislación mercantil
– Casos reais de modelos de negocio
– Presentación do proxecto final

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información