Curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios en Mazaricos

Curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios en Mazaricos

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza un curso de aplicador e manipulador de produtos fitosanitarios. A formación está dirixida a profesionais do sector agrario ou persoas interesadas en incorporarse a el.

O persoal da Oficina Agraria Comarcal de Santa Comba (A Coruña) encargarase de impartir o curso. As sesións terán lugar na Casa da Cultura do concello coruñés de Mazaricos entre os luns 10 e 17 deste mes de agosto.

A acción terá unha duración de 27 horas. Trataranse temáticas como as pragas e as enfermidades que afectan aos cultivos, a preparación e a aplicación dos distintos tratamentos fitosanitarios, así como a súa clasificación e etiquetado, incluíndo referencias aos pictogramas e indicacións das súas embalaxes.

Plan de formación ao agro galego

O curso está integrado no Plan de formación ao agro galego 2020, que busca impulsar o desenvolvemento de actividades formativas, de demostración e información da Consellería do Medio Rural. Con estas accións, pretenden contribuír a que os coñecementos cheguen aos seus últimos destinatarios: agricultores, gandeiros, silvicultores ou representantes da industria agroalimentaria.

Como explican en nota de prensa desde a Consellería de Medio Rural, este Plan trata de mellorar a capacitación dos traballadores dos sectores agrario, agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades incidindo, cando sexa preciso, na reordenación das producións, no emprego dos métodos produtivos respectuosos coa conservación e na protección do medio.

Así mesmo, tamén buscan que o sector agrícola e silvícola utilice dun xeito eficiente os recursos, co fin de que sexan economicamente viables, produtivos e competitivos. Preténdese unha redución do nivel de emisións, co obxectivo de que sexan respectuosos co medio ambiente e resistentes ao cambio climático, ademais de traballar cara a sistemas de produción en harmonía cos recursos naturais esenciais dos que dependen a agricultura e a silvicultura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información