A Federación EFA Galicia ofrece a semana que vén o curso conducente ao Certificado Europeo de Motoserrista (catalogado co nivel ECC1) no Centro de Promoción Rural Fonteboa, en Coristanco (A Coruña).
O custo do curso será de 220 €, cun prezo especial de 205 € para tódolos socios e socias da Asociación EFA Fonteboa. Ademais, as taxas para examinarse son de 195 € e acreditan aos aprobados como certificados en mantemento da motoserra e técnicas de tronzado básico.
O curso, que está patrocinado por Navigator, terá unha duración de 20 horas que se distribuirán entre o 7 e o 11 de xuño en horario de tarde de 15.00 a 19.00 horas. As persoas interesadas terán que facer a inscrición a través da web da EFA Galicia.