Curso básico de enxerto de froiteiras en Chantada

Publicidade

A asociación Montes Baixos, en colaboración co Sindicato Labrego Galego, organiza os vindeiros 25 e 26 de febreiro en Chantada (Lugo), un curso básico de enxerto de froiteiras.

A formación o venres impartirase en horario de 16:00 a 19:00 horas e o sábado de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

O curso será impartido por Antonio Villarino Rego, coordinador do proxecto Froita da Mariña.

O prezo do curso é de 40 euros, cun desconto para as persoas afiliadas ao SLG. A inscrición debe realizarse antes do 23 de febreiro.

Para máis información ou inscribirse chamar ao 666 935 548 ou enviar un correo a chantada@sindicatolabrego.com

curso slg enxerto froiteiras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información