Curso avanzado de viticultura e enoloxía

Publicidade

A Fundación Juana de Vega, en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo, imparte un “Curso avanzado de viticultura e enoloxía”, para a obtención dunha uva de calidade e para a súa posterior transformación . O curso ten unha duración de 60 horas e impartirase de febreiro e decembro deste ano.

O curso de perfeccionamento de viticultura e enoloxía está enfocado para que o alumnado realice todas as actividades necesarias, tanto no campo como na adega, para obter unha uva de calidade e a súa posterior transformación en viño de forma autónoma coa supervisión e control dun titor.

O curso é totalmente práctico, con máis carga lectiva na parte de enoloxía que na de viticultura.Asesorados por un profesor especialista, cada grupo de dous alumnos encargarase das labores culturais dunha fileira de cepas ata a súa madurez. A uva que se produza recollerase e o viño elaborarase segundo o criterio do grupo. Haberá tantas microvinificacións diferentes como grupos haxa no curso.

O viño obtido de cada microvinificación será propiedade do alumno/a, reservando o centro 4 litros para a cata de fin de curso.

Todas as sesións terán lugar no CFEA de Guísamo agás a inauguración e clausura do curso, así como as sesións que se indican no calendario que terán lugar na sede da Fundación Juana de Vega en San Pedro de Nós (Oleiros). Para más detalle ver programa do curso.

Carteles_Cursos

Horario do curso:

Aulas en CFEA de Guísamo: de 16:30 h a 20:30 h.
Aulas na Fundación Juana de Vega: de 16:00 h a 20:00 h

Descarga aquí o programa e o formulario de inscrición

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información