Cuntis inicia un programa de cursos sobre o castiñeiro

Nas sesións, destinadas a persoas desempregadas, trataranse, entre outros temas, a xestión dos soutos, a poda e enxertos dos castiñeiros ou as claves para a recolección e comercialización das castañas

Publicidade
Cuntis inicia un programa de cursos sobre o castiñeiro

Plantación de castiñeiros. / Arquivo.

Data inicio: 02/04/2019
Data fin: 07/05/2019
Lugar: Centro de Formación Ocupacional, Cuntis, España

Cuntis acolle ó longo dos próximos meses un Proxecto de xestión integral para o aproveitamento sostible dos soutos de castiñeiros. É unha iniciativa na que se levarán a cabo varios cursos, tanto presenciais como de formación mixta, cunha parte online. A primeira edición destas sesións formativas comezou onte e prolongarase ata o 7 de maio, os martes e xoves en horario de 16.00 a 21.00 horas.

Estas accións teñen como obxectivo capacitar ós alumnos en métodos eficaces de aproveitamento para recuperar o cultivo do castiñeiro. Nestes cursos abordaranse distintos aspectos relacionados coa ecoloxía e a xestión sostible dos soutos de castiñeiros. O docente, José Carlos Brea, será o encargado de tratar, entre outras, as seguintes cuestións:

– Labores de poda e enxerto dos castiñeiros.

– Fitopatoloxías dos castiñeiros.

– Recolección, conservación, transformación e comercialización das castañas.

– Estratexias de emprego relacionadas cos castiñeiros.

– Outras actividades asociadas co cultivo da castaña: apicultura, cultivo de plantas aromáticas e micoloxía.

Estes cursos de formación, que se imparten no Centro de Ocupación Formacional de A Ran, en Cuntis, teñen unha duración de 50 horas e están destinados a persoas desempregadas inscritas como demandantes no servizo público de emprego. Na modalidade mixta, impartiranse 10 horas presenciais no centro e as 40 restantes de xeito online.

As seguintes edicións do curso formativo, tanto na modalidade presencial como semipresencial, prevese que poidan comezar a finais de abril, aínda que polo momento non están fixadas as datas, xa que están a confeccionarse os grupos e os horarios, en función da demanda que se está rexistrando.

Os cursos contan con 20 prazas e para poder impartirse, deben contar cun mínimo de 15 inscritos. Tamén dispoñen de varias prazas a maiores para aquelas persoas que puntualmente queiran asistir como ouvintes a algunha sesión, aínda que tamén será preciso anotarse por cuestións organizativas. As persoas interesadas poden solicitar máis información no correo electrónico cfoaran@concellodecuntis.es ou nos teléfonos 986 548 708 / 986 532 579 en horario de 9.00 a 14.00 horas.

Tódalas accións formativas son gratuítas e están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

CARTELCUNTIS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información