A feira Abanca Cimag-GandAgro 2025, a cal se celebra desde o pasado xoves e ata esta tarde na Feira Internacional de Galicia ABANCA, en Silleda (Pontevedra), pechou esta mañá o seu programa de conferencias cunha xornada técnica dirixida a profesionais do sector cunícola.
Así, a cooperativa Cogal organizou unha xornada monográfica enfocada en dous temas de gran relevancia para o sector.
Por unha banda, analizouse a cunicultura nun escenario cambiante, por parte de Manuel Marco, presidente da Asociación de Veterinarios Especializados en Cunicultura (Avecu) e director técnico en coellos de Nutreco Animal Nutrition para España e Portugal. Ademais, fíxose unha revisión da situación actual da xenética Hyplus en cunicultura e dos elementos clave para a adecuada expresión do potencial xenético, por parte de Claude Barré e Gaizka Urbina, da empresa Hypharma.
Foro para a transferencia de coñecementos
Esta xornada formou parte dun completo programa de conferencias dirixidas a profesionais, as cales abordaron interesantes aspectos relacionados coa maquinaria, a agricultura e a gandería. En total leváronse a cabo 15 xornadas técnicas con 37 relatorios impartidos por máis de 40 expertos
Con todo iso, Abanca Cimag-GandAgro 2025 converteuse unha vez máis nun foro de análise e debate, un necesario espazo de transferencia de coñecementos que contribúe ao desenvolvemento do sector.